A MGM e Fox 2000 traen de volta o Poltergeist

920

A MGM e mais a Fox 2000 unirán-se para cofinanciaren e distribuíren o remake do clásico filme de terror de 1982 Poltergeist.

O proxecto pretende ser unha versión moi revisada do orixinal, pero aínda centrada nunha família que ven de se mudar a unha casa das afóras, onde deberán enfrontar-se a un espírito que secuestra á súa filla pequena.

Gil Kenan (Monster House) será o director deste filme, que conta cun guión do gañador do prémio Pulitzer David Lindsay-Abaire (Oz: The Great and Powerful). Sam Raimi, Rob Tapert e mais Roy Lee serán os produtores e a rodaxe escomezará en outono.