Bonham Carter, a Fada Madriña

0
253

Helena Bonham Carter ven de ser oficialmente confirmada para entrar en Cinderella (A Cincenta) no papel da Fada Madriña. O filme, con actores reais, será unha nova versión do clásico da Disney, esta vez dirixido por Sir Kenneth Branagh.

Carter úne-se asemade a un reparto no que xa figuran Lily James coma protagonista, Richard Madden no papel do Príncipe, Cate Blanchett coma a madrastra e Holliday Grainger coma unha das irmás malvadas.

A rodaxe escomezará en outono en Londres, cun guión de Aline Brosh McKenna e Chris Weitz, e coa produción de David Barron, Simon Kinberg e Allison Shearmur.