Spielberg quere a Chocky

0
191

Steven SpielbergA DreamWorks de Steven Spielberg ven de adquirir os dereitos para facer un filme baseado na novela de ciéncia-ficción Chocky á Pollinger Ltd., a axéncia inglesa que manexa o legado literário do defunto escritor John Wyndham, e seica o mesmísimo Spielberg está disposto a facer desta adaptación o seu vindeiro proxecto persoal.

Chocky narra a história dun rapaz que ten un amigo imaxinário misterioso con quen adoita discutir. E a medida que o pai do rapaz comeza a sospeitar, vai-se facendo claro que ese amigo imaxinário é un ente alieníxena que se apoderou da conciéncia do rapaz.

Agora que a DreamWorks ven de rachar a súa relación coa Paramount, non está claro que estudo de Hollywood desenvolverá este filme.

Chocky é unha novela de 1968 escrita por Wyndham (cuxo nome real era John Wyndham Parkes Lucas Beynon Harris), un escritor de ciéncia-ficción inglés que é coñecido sobre todo pola súa obra The Day of the Triffids.