Schwarzenegger contra os zombis

0
256

Arnold Schwarzenegger ven de se facer co papel protagonista do vindeiro filme de zombis de Henry Hobson, Maggie.

A história escomeza cun virus que converte á xente en zombis que se espalla por todo o país. Unha família nunha granxa debe axudar á súa filla maior a superar a súa infección mentres se vai convertendo amodiño nun zombi devorador de carne humana.

Chloe Grace Moretz estivera hai algún tempo vencellada a este proxecto, pero tivo que deixa-lo por mor de conflitos coa súa axenda de traballo.

Schwarzenegger planea traballar asemade coma produtor deste filme, que conta cun guión de John Scott III que estivo na “Black List” de 2011.