Cristo regresará á pantalla grande

1118

A FilmDistrict fíxo-se cos dereitos para distribuír nos Estados Unidos a vindeira adaptación ao cinema da novela da escritora Anne Rice, Christ the Lord.

O libro de Rice narra a história de Xesús, o lendário persoaxe líder dos cristiáns, cando tiña sete anos e parte dende Exipto coa súa família para regresar ao seu fogar de Nazareth e descubrir a verdade sobre o seu nacemento, quen é, e mais o seu propósito na vida, que non é outro có de se converter nun poderoso deus.

Cyrus Nowrasteh (The Stoning of Soraya M.) dirixirá a película a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Betsy Nowrasteh. Chris Columbus, Michael Barnathan, Mark Radcliffe, Sean Lee, Patricia Chun e mais Keo Lee serán os produtores.

A estrea está planeada para marzo de 2015.