Asteroids, a nova Star Wars?

0
286

Mentres facáia unha xira de promoción do seu filme RED 2, o produtor Lorenzo di Bonaventura confirmou que o proxecto de filme baseado no clásico videoxogo Asteroids está ainda enriba da mesa e ten moitas posibilidades.

Tal e coma se indicara previamente, a história iría sobre dous irmáns separados que deben aliar-se para salvar á terra dunha invasión álien. Nunha entrevista, di Bonaventura revelou mais detalles:

Realmente, Asteroids é o filme no que estamos a traballar agora. A verdade é que gosto moito do título… cando miro para o proxecto, iso é no que penso, penso na súa magnitude e na posibilidade de face-lo.

Non é un filme de desastres. Se temos éxito facéndo-o, será moito mais coma unha space opera, coma Star Wars. Será coma un grande filme de ciéncia-ficción se o sabemos facer ben.

Non é en absoluto o que a xente pensa. A xente coida ‘Ou, o asteroide que vai bater na Terra’ pero eu non teño interese en facer iso. Iso xa se fixo anteriormente moi ben. Non, isto ten lugar nun cinto de asteroides, todo o filme“.