Under the Dome bate récords de audiéncia

815

Os espectadores que puideron contemplar na CBS a estrea o domingo pasado da nova série de televisión Under the Dome, baseada na novela homónima de Stephen King, seica desfrutaron por todo o grande.

A estrea contou cun total de 13,1 millóns de espectadores, o que supón un novo récord de audiéncia dende que se estreara The singing Bee en 2007, e o programa mais visto da canle en verán dende que estreara Big Brother en 2000. Ademais, tamén é o primeiro episódio dunha série mais visto dende a estrea de Revolution o pasado outono na NBC.

King é o produtor executivo xunto a Neal Baer, Justin Falvey, Darryl Frank, Stacey Snider, Jack Bender e Brian K. Vaughan. os produtores afirman que teñen moi claro que esta non vai ser unha minisérie e xa están a pensar na segunda tempada para o verán que ven, e mesmo nun “ciclo de inevrno”. “Estamos preparados para o éxito“, dixo a presidenta da CBS Entertainment, Nina Tassler.