D.E.P. Richard Matheson

0
417

Un dos xigantes da ciéncia-ficción, o escritor Richard Matheson, finou o pasado xoves en Califórnia á idade de 87 anos.

A súa novela mais famosa, I Am Legend, foi adaptada tres veces ao cinema, a versión mais recente foi a de 2007 protagonizada por Will Smith.

Nombergantes, moitas outras das súas obras foron tamñen adaptadas a filmes, entre elas Duel, The Incredible Shrinking Man, Somewhere in Time, The Legend of Hell House, The Comedy of Terrors, Stir of Echoes, What Dreams May Come, The Box, e a mais recente, Real Steel.

O mesmo Matheson escribiu moitos guións para séries de televisión coma Star Trek, Night Gallery, Lawman e moitos episódios de The Twilight Zone, incluíndo o que é probábelmente mais famoso de todos, Nightmare at 20,000 Feet.