Knight Rider, o regreso de K.I.T.T.

0
272

A produtora The Weinstein Company ven de contratar ao guionista de Wild Hogs e Arrested Development, Brad Copeland, para que escriba un novo boceto do filme Knight Rider.

Baseado na popular série de televisión dos anos 80 (que en España foi emitida baixo o título de El coce fantástico), o proxecto leva en desenvolvemento xa un tempo. A contratación de Copeland servirá para reconfigurar o proxecto coma filme de alto orzamento e moita acción, coa esperanza de poder facer unha franquía ao xeito da de Fast and Furious.

A experiéncia de Copeland é maiormente escribindo comédias, o que indica que o filme terá un tón humorístico. Knight Rider xa pasou por outro relanzamento, coma série de televisión en 2008.