A Starz encarga unha tempada de Outlander

0
208

A canle Starz ven de encargar oficialmente unha primeira tempasda de 16 episódios para Outlander, a nova série do creador de Battlestar Galactica e Star Trek: Deep Space Nine, o produtor Ronald D. Moore.

Baseada na saga de libros da escritora Diana Gabaldon, a história vai sobre unha enfermeira casada na Segunda Guerra Mundial, que cae misteriosamente nun túnel do tempo até o ano 1743. A saga leva polo de agora sete tomos e mais de vinte millóns de cópias vendidas.

O encargo da série chega xunsto un par de meses despois de que outra canle de televisión, neste caso a Syfy, pedira a Moore que produza a súa nova série Helix.