A Dreamworks adapta o Sermón de Lume

0
238

A DreamWorks Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema The Fire Sermon, unha novela da poetisa e escritora Francesca Haig que será a primeira dunha nova triloxía para adolescentes.

Ambientada catrocentos anos despois dunha apocalipse, unha sociedade sen tecnoloxía vive nun mundo onde todos teñen un irmán xemelgo: ún deles é un serperfecto, o outro está lixeiramente mutado.

Un sistema de apartheid obriga aos xemelgos mutados a viviren en asentamentos especiais, onde cando o irmán perfecto morre, o outro tamén debe morrer.

A história céntra-se nun irmán e unha irmá xemelgos, e o que acontece cando el se converte no líder da sociedade reprimida. Carla Hacken será a produtora.