Matt Reeves vé vampiros

759

Matt ReevesO director de Cloverfield Matt Reeves escribirá o guión e dirixirá o conto de vampiros Let the Right One In para a Overture Films e mais a Hammer Films.

O filme será o primeiro dunha coprodución composta por dúas películas que deberán ser financiadas e distribuidas pola Overture e mais a HS Media, a empresa propietária da Hammer e da Spitfire Films.

O proxecto é en realidade un remake do filme do director sueco Tomas Alfredson Lat Den Ratte Komma In, baseado nunha novela de vampiros do escritor da mesma nacionalidade John Ajvide Lindqvist e que vai sobre un rapaz que se fai amigo dunha veciña que ven de se mudar á cidade.

Overture planea lanzar este remake o ano que ven.