A Sony Pictures está en negociacións finais para se facer cos dereitos para o cinema da clásica série de debuxos animados dos anos 90 Captain Planet and the Planeteers.
A série orixinal ía sobre cinco adolescentes de todo o mundo aos que Gaia (o espírito da Terra) lles outorgaba superpoderes para protexeren o planeta contra os malvados que o contaminan. Cando os seus pdoeres non abondan, deben combina-los para invocar a un superheroe chamado o Capitán Planeta.
A série foi producida pola Turner Broadcasting e mais a DIC Entertainment, os mesmos grupos que crearon séries coma Inspector Gadget ou The Real Ghostbusters.
Mark Gordon, Don Murphy e Susan Montford producirán a adaptación ao cinema. Esta non é a primeira vez que se tenta adaptar á pantalla, tanto de cinema coma de televisión, a série de debuxos, pero até agora sen éxito.