Brenton Thwaites úne-se ao Doador

759

O actor australián Brenton Thwaites (Maleficent, Blue Lagoon: The Awakening) ven de se facer co papel protagonista da adaptación ao cinema da novela distópica para nenos The Giver, que escribiu Lois Lowry en 1993.

A história está ambientada nunha sociedade onde a dór foi eliminada grazas á adhesión a un plan coñecido coma ” a Semellanza”.

Thwaites interpretará a un rapaz chamado Jonas, que é seleccionado coma o novo Receptor da Memória, o responsábel da consciencia colectiva anterior á Semellanza. Jonas recibe estas memórias do Doador (Jeff Bridges). Na novela, o persoaxe ten 12 anos, así que o papel ten que ser modificado para qie poida ser interpretado por un home de 24.

A rodaxe escomezará este outono en Sudáfrica.