O creador do Corvo, na película

0
242

James O’Barr, o creador do cómic de The Crow, traballará coma consultor na vindeira película que recreará ao persoaxe para o cinema grazas á produtora Relativity Media.

O’Barr e mais o director do filme, F. Javier Gutierrez, aparecerán conxuntamente na Comic-Con de San Diego en xullo para falar sobre o proxecto e atopar-se cara a cara cos fans.

Cliff Dorfman escribiu o novo guión, que protagonizará Luke Evans e que comezará a se rodar a primeiros de 2014. O’Barr dixo que o filme non será un remake da película de 1994, senón unh adaptación mais fiel aos cómics. Ademáis, engadiu: “eu coido que este filme poderá manter-se xunto ao de Brandon Lee coma unha obra de arte, e eu estou desexando colaborar no proxecto“.