Stan Lee confirma a Silver Surfer

0
279

No decurso dunha conferéncia que deu na Wizard World Comic-Con en New York a pasada fin de semana, o lendário creador de cómics Stan Lee falou sobre os filmes que forman parte da Fase Tres da Marvel.

Seica Lee confirmou alomenos ún dos títulos sobre os que houbo especulacións nos pasados meses, pero se limitou a dicir como están as cousas actualmente:

A xente da Marvel está a pasar moitas horas tentando pensar o que faremos deseguido. E hai unha moi boa oportunidade de que van facer o que mencionaches, porque sería unha moi boa ideia, e pouco a pouco, todo o que queredes ver chegará porque eles son coma vos.

Eles son fans das histórias e están pensando o que é o que os fans queren ver agora, o mesmo que eles queren ver. Así que están a traballar en Ant-Man, traballando no Doutor Strange; traballando nos Gardiáns da Galáxia; traballando en deus sabe o que. Xa mencionei á Panteira Negra tamén? Eses son os que eu coñezo“.

E ao respeito de Silver Surfer, engadiu:

De ningunha maneira deixarán de facer un filme de Silver Surfer. Pode que non sexa até dentro duns anos porque están a traballar noutros proxectos, pero chegarán á longametraxe de Silver Surfer porque é un persoaxe marabilloso“.

Polo de agora, Silver Surfer só apareceu na pantalla grande coma persoaxe secundário no filme de 2007 Fantastic Four: Rise of the Silver Surfer, que recadou 289 millóns de dólares a partir dun orzamento de 130 millóns.

Estas declaracións chegan só un pouco despois de que a semana pasada se dera a coñecer que a Marvel chamara a outro famoso calvo, Vin Diesel, para falaren da posibilidade de facer un proxecto conxunto.