Poxa de artigos de CF

766

Terminator 2Un endoesquelete a escala real procedente de Terminator 2: O día do xuizo e mais a cabeza dun tiranosáuro rex de Parque Xurásico serán as estrelas de entre os máis de 1.200 obxectos teatrais e cinematográficos que se poxarán os días 13 e 14 de decembro pola empresa Profiles in History.

Agárda-se que o endoesquelete do robot T-800 alcance máis de 100.000 dólares na poxa, segundo anunciaron os seus organizadores.

Outros obxectos á venda serán a cadeira do capitán Jean-Luc Picard da nave espacial U.S.S. Enterprise, un modelo en miniatura dun álien de Alien 3 e mais a armadura do xénio dos efectos especiais Willis O’Brien do Rei Escorpión.

Unha capa que levou posta Christopher Reeve en Superman podería chegar aos 30.000 dólares, mentres que o abrigo negro de Keanu Reeves en Matrix podería alcanzar os 15.000.

Tamén estarán dispoñíbeis na poxa unha colección de pósters de películas de ciéncia-ficción e autógrados de todos os directores que acadaron un prémio da Académia.

Na sub-hasta tamén poñerán.se á poxa disfraces e obxectos procedentes da saga de Star Trek, incluindo tricorders dos Klingon e disruptores dos Romuláns.