Ún dos vindeiros proxectos do realizador mexicano Guillermo del Toro (Pacific Rim) é o así denominado “Dark Universe” da DC. O filme sería esencialmente unha xuntanza de vários dos mais populares persoaxes sobrenaturais do universo da DC Comics, coma John Constantine, a Cousa do Pantano, o demo Etrigan, Deadman, Spectre ou Zatanna.
Nunha rolda de prensa mentres facía a promoción do seu último proxecto, del Toro revelou á canle MTV que está a escribir o guión do Dark Universe agora mesmo. En realidade, mesmo dixo que está xa a facer unha segunda revisión do seu libreto mentres agarda que chegue un escritor con quen xa contactaron.
Respeito da posibilidade de que a recente construción do universo DC, que escomezou co filme Man of Steel, e que continuará co filme da Liga da Xustiza, poida afectar dalgún xeito ao seu proxecto do Dark Universe, del Toro dixo:
“O marabilloso do Dark Universe é que tes esa posibilidade de básicamente crear un grupo sobrenatural e xogar con regrar diferentes, pero gostaría-me ver ao Universo DC facer-se tan coherente coma o universo Marvel nos seus filmes. Así que se hai algunha relación, eu respeitarei-na“.