Remake de Utopía con David Fincher

0
279

Após de adaptar a minisérie inglesa House Of Cards para o mercado americano, o realziador David Fincher seica está a considerar a posibilidade de facer o mesmo para outra série.

Neste caso, Fincher estaría interesado en producir un remake da ecente série inglesa ca canle Channel 4 Utopia que rematou a súa primeira tempada a primeiros deste ano. A HBO fíxo-se cos dereitos para emitir a série nos Estados Unidos a semana pasada.

A história vai sobre un grupo de xente á que de súete lles chega ás mans unha cópia dunha novela gráfica de culto titulada The Utopia Experiments e qeu semella predicir con grande fiabilidade vários desastres que no intre de se publicar, aínda non aconteceran. O grupo tentará evitar que aconteza o seguinte desastre predicido no cómic.

Mentres, outro grupo secreto e vencellado dalgún xeito ao governo coñecido coma The Network (A Rede) tenta atrapa-los e facer-se co cómic, para evitar que dean a coñecer o que saben.

Os creadores da série orixinal queren que Rian Johnson (Brick, Looper) se encargue de escribir o guión.