Outro remake do Día dos Mortos

0
253

Os produtores Lati Grobman e Christa Campbell (Texas Chainsaw 3D) veñen de se facer cos dereitos para facer un remake do clásico filme de zombis de 1985 rodado por George A. Romero Day of the Dead.

A parella fíxo-se cos dereitos que lle pertencían á Taurus Entertainment, a empresa que produciu outro filme remake, lanzado directamente ao mercado de vídeo en 2008, e que prtagonizaron Mena Suvari e Nick Cannon. A Millennium Films será a coprodutora do novo remake.

Polo de agora levan xa algunhas xuntanzas con posíbeis candidatos a escribir o guión e que adapten do millor xeito posíbel o filme orixinal de 1985 cun orzamento que iría entre os 10 e os 20 millóns de dólares, todo coa ideia de poder estrear nas slas de cinema en 2014.

Campbell dixo que están tentando que o proxecto se asemelle o máximo posíbel á versión de Romero, que ía sobre un grupo de persoal militar e científico agochándo-se dos zombis nun búnker.