X-Force, o seguinte da Marvel?

0
202

X-ForceA 20th Century Fox ven de rexistrar o nome de domínio X-ForceMovie.com, disparando as especulacións sobre os seus futuros plans para a franquía dos mutantes, após de que se estreen The Wolverine e X-Men: Days of Future Past. Segundo o creador do cómic, Rob Liefeld a Marvel ten plans de facer o filme, pero aínda non lle deron a luz verde ao proxecto. A X-Force apareceu nos anos 90 e está formada por persoaxes mais agresivos e violentos: Wolverine, Deadpool, Cable, Psylocke, Cannonball, Domino, Warpath, Sunspot e Coloso.