O director de The World’s End, Edgar Wright, ven de confirmar que el e mais Joe Cornish remataron o seu guión para adaptar o persoaxe Ant-Man da Marvel á pantalla grande.
“O guión esta xa feito. De feito tiven que suspender temporalmente Ant-Man mentres traballaba en The World’s End. Na marvel son moi bós cando se trata de che dicir ‘vale, xa nos vemos dentro de dous anos!’.
O feito é que o persoaxe leva existindo dende 1962, así que non vai marchar a ningures. E canto mais tarde escomecemos, millores serán os efectos especiais“.
Ademais, engadiu que o guión tivo que modifica-lo para adapta-lo ao actual Universo Marvel.