Paranormal Activity 5, adiada a xaneiro

0
222

A Paramount Pictures ven de adiar a estrea da súa quinta entrega da saga de Paranormal Activity, de tal xeito que no canto de se producir na data habitual de finais de outubro, será o 4 de xaneiro de 2014.

Parte dos motivos deste adiamento son que o proxecto aínda non se rodou. Normalmente a rodaxe leva moi pouco tempo, pero esta vez un voceiro interno dixo que na produtora gostan do director, pero que teñen dúbidas sobre o seu traballo.

A cuarta parte da série recadou 140,8 millóns de dólares.