A New Line Cinema ven de pechar os plans da secuela do thriller de James Wan The Conjuring só uns días antes de que a primeira parte chegue ás salas de cinema.
Patrick Wilson e Vera Farmiga son os protagonistas deste filme, no papel dos investigadores do paranormal Ed e mais Lorraine Warren, que están a facer das súas nunha granxa enmeigada.
Os guionistas Chad Hayes e Carey Hayes foron contratados para regresaren e comezaren a escribir a secuela do filme, que seica explorará algúns outros casos famosos nos que traballaron os Warren.
O presidente da New Line, Toby Emmerich, dixo que “temos o permiso e mais o apoio de Lorraine, e estamos xa a traballar para desenvolver outro filme“.
Ainda non se sabe se James Wan regresará coma director porque ten un compromiso prévio para se facer cargo de Fast and Furious 7.