Reviven os Mortos no Espazo

0
215

A Electronic Arts quere-lle dar nova vida ao seu longamente abandoado proxecto de adaptar ao cinema o videoxogo de terror e ciéncia-ficción Dead Space para facer unha franquía, segundo se soubo no decurso da Comic-Con este xoves.

Justin Marks axudou a desenvolver a história para o filme que Neal Moritz coproducirá. Moritz fora vencellado ao proxecto hai mais de tres anos, cando DJ Caruso era o áximo candidato a se converter en director do mesmo.

O guionista de Europa Report, Philip Gelatt, escribiu un libreto que a EA continuará a desenvolver xunto a outro guionista. A EA quere financiar o desenvolvemento do guión antes de ofrece-lo a algún estudo interesado.

A compañía non tivo éxito con ningún dos seus anteriores proxectos nos últimos anos, até que apareceu o guión de Need for Speed. Unha vez rematado, a DreamWorks leu-no e decediu participar, axudando a erfinar o guión, e producíndo-o. Así, Need for Speed chegará aos cinemas o ano que ven.

Polo tanto, a EA quere repetir a mesma xogada, e o mesmo con outros proxectos en marcha, retendo o control creativo atér onde sexa posíbel, o que fará que todo avance mais aprésa. A mesma xogada foi-lles moi ben aos seus riváis da Ubisoft, que planean xa converter en filme case todos os seus videoxogos: Assassin’s Creed, Far Cry, Watch Dogs e mais Splinter Cell.

Dead Space apareceu por primeira vez en 2008 e vai sobre un enxeñeiro chamado Isaac Clarke que loita por sobervivir a bordo dun “planet cracker”, unha inmensa nave espacial mineira cuxa tripulación morta foi reanimada e convertida en necromorfos por un artefacto álien.

Na actual era de videoxogos de disparos en primeira persoa Dead Space é un dos escasos esforzos da indústria por coservar un xogo de auténtico terror. Cunha atmosfera xenuína e terrorífica, require que os xogadores desmembren no canto de simplemente matar aos seus inimigos, o que fai que armas coma as serras mecánicas sexan as millores no xogo.