Gina Carano, disposta a ser Avengelyne

0
218

Gina Carano (Haywire, Fast and Furious 6) e mas o polémico creador de cómics Rob Liefeld van-se asociar para faceren unha posíbel versión para o cinema do cómic de Liefeld Avengelyne.

A história vai sobre un anxo caído que na Terra terá coma misión a de atopar e protexer a “O Único”, alguén que ten a clave para salvar á Humanidade dos demos e doutros monstros.

O filme sería unha película de orzamento non demasiado alto, que estaría protagonizada pola famosa atriz, modelo e experta en artes marciais Carano, que faría algo semellante á saga de Underworld.

Carano, Liefeld, Scott Karp e mais Brooklyn Weaver serán os produtores.