Superman e Batman, xuntos

0
258

A Warner Bros. Pictures anunciou onte sábado no decurso da roda de prensa que tivo na Comic-Con que o seu seguinte filme de superheroes da DC Comics non será unha secuela de Superman nin un relanzamento de Batman, nin tan sequera a tan agardada película da Liga da Xustiza, senón un encontro entre Batman e Superman.

O director de Man of Steel, Zack Snyder, e mais o guionista do mesmo filme, David S. Goyer, volverán traballar xuntos para tentaren atraer aos espectadores a un filme que chegará ás salas de cinema en 2015.

Polo de agora non é moito mais o que se deu a coñecer, pero o anúncio é de todos os xeitos o mais importante realizado na presente edición da Comic-Con de San Diego, a convención mundial do cómic mais importante do mundo.