Crossover de Futurama e os Simpson

0
264

Seica Family Guy non será a única série de debuxos animados que comparta espazo na pequena pantalla cos Simpsons en 2014.

O produtor executivo Al Jean anunciou na Comic Con o pasado sábado que o creador de tanto os Simpsons coma de Futurama, Matt Groening, unirá aos persoaxes dos dous programas nun episódio que se gravará o mes que ven.

A história irá sobre como Bender chega aopresente para matar a Bart, quen seica é o responsábel dalgún acntecemento que fará que o futuro cámbie para pior.

Os membros do reparto de Futurama, Billy West, Katey Sagal, John DiMaggio, Phil LaMarr e Maurice LaMarche emprestarán coma sempre as súas voces para este episódio.

Nestes intres ainda non se sabe se este episódio dos Simpsons será o derradeiro da tempada 25 ou o primeiro da tempada 26 en setembro do ano que ven.

Pola súa banda, Futurama chegará á súa sétima e derradeira tempada na canle Comedy Central en setembro.