Keira Knigthley rexeita Piratas do Caribe

0
291

Keira KnightleyAinda que a Disney ven de confirmar que haberá cuarta entrega da saga Piratas do Caribe, unha das suas protagonistas, a actriz inglesa Keira Knightley, non estará nela.

Do trío de actores que estiveron nas tres entregas anteriores só Johnny Depp confirmou a súa participación na cuarta, na que dará vida unha vez máis ao capitán Jack Sparrow, persoaxe para o cal o actor se inspirou no guitarrista dos Rolling Stones, Keith Richards.

En plea promoción da sua nova película, a fita de época A Duquesa, Knightley explicou que a súa participación na saga chegou ao seu remate e que non voltará interpretar á aristócrata metida a pirata Elizabeth Swann. “Fixen unha viaxe incríbel facendo estas tres películas, pero coido que agora as cousas son totalmente diferentes. Non sei ren desa nova entrega e non voltarei“, dixo nunhas declaracións á MTV.

Após da definición dos dous actores xa só fixa por confirmar a participación do terceiro protagonista da película inspirada nunha atracción da Disney World. Orlando Bloom, que interpreta ao garrido Hill, non se definiu ainda sobre a súa participación nunha franquía que recadou máis de 1.800 millóns de euros nos cinemas de todo o mundo.