A Universal Television está a desenvolver unha nova série de televisión que adaptará á pequena pantalla o cómic de ciéncia-ficción Clone, orixinal do creador de The Walking Dead Robert Kirkman e que debuxa habituamente o español Juan José Ryp.
David Schulner (The Event, Kings), quen leva escribindo os guións do cómic os últimos dous anos, será o encargado de facer esta adaptación.
Sobre a liña argumental polo de agora só se coñece esta frase que anunciaron oficialmente: “O que acontecería se houbese mais tis? E que pasaría se puideses salvar esas versións de ti mesmo de morreren. Os temas do programa de identidade e de herdanza contra educación son intrínsecos á montaña rusa que constitúe esta história“.
Schulner será o produtor executivo xunto a Kirkman, David Alpert e David Engel.