Os guionistas de Thor, en Star Trek 3?

0
304

Os guionistas de Thor e X-Men: First Class e habituais produtores da série Fringe Edward Miller e Zack Stentz poderían estar a punto de aceptar unha oferta para escribir o guión da vindeira película da saga de Star Trek.

A parella está xa familiarizada co traballo do creador da saga, Gene Roddenberry, e teñen experiéncia na ciéncia-ficción grazas á série de culto Andromeda.

Ainda que as fontes que deron a coñecer esta nova coinciden en que ten moitos visos de ser verdade, o único certo polo de agora é que os guionistas das dúas anteriores películas, Bob Orci e Alex Kurtzman, son polo de agora os únicos confirmados oficialmente para o posto. A devandita parella traballou ademais con J.J. Abrams nos filmes de Transformers.

De feito, Orci e Kurtzman foron decisivos á hora de incorporar a Stentz e Miller ao proxecto. A Paramount está a procurar datas en 2016 para que a estrea da terceira película da nova saga coincida co 50º aniversário da franquía de Star Trek.

Por outra banda, ainda non está claro se J.J. Abrams continuará ocupando a cadeira de director porque moi probábelmente estea xa a traballar co Episódio VII da Guerra das Galáxias por esas mesmas datas.