O regreso do Efecto Bolboreta

0
222

FilmEngine e Benderspink van-se asociar para producir un relanzamento do filme de ciéncia-ficción de 2004 protagonizado por Ashton Kutcher The Butterfly Effect.

A história estaba protagonizada por Kutcher no papel dun estudante universitário que descubre que a súa consciéncia pode viaxar atrás no tempo para habitar o corpo del mesmo cando era novo. Así que decide usar esta habilidade para mudar algúns terríbeis traumas que ten dende neno.

O problema é que ao muda-los, produce consecuéncias inesperadas no presente, na súa vida e na vida dos seus seres queridos.

O filme, que se produciriu cun orzamento de tan só 13 millóns de dólares, recadou mais de 96 nos despachos de billetes e logrou producir dúas secuelas, que foron directamente ao mercado de aluguer de DVD.

O director e guionista do filme orixinal, Eric Bress, participará novamente no libreto do remake. Polo de agora non hai ningún director vencellado ao proxecto.

Os produtores do primeiro filme, A.J. Dix, Anthony Rhulen, Chris Bender e JC Spink tamén regresarán.