Unha série baseada en Legion

703

A canle de televisión Syfy ven de lle dar luz verde á rodaxe dun episódio piloto de 90 minutos para unha nova série de ciéncia-ficción que levará por título Dominion. A série pretende ser unha secuela da longametraxe de 2010 Legion.

A história está ambientada 25 anos no futuro após da guerra entre os anxos e os seres humanos que transformou ao mundo. A série céntra-se na perigosa viaxe dun xoven soldado rebelde que descubre que el pode ser o único salvador da humanidade.

O director do filme, Scott Stewart, dirixirá asemade o episódio piloto a partir dun guión de Vaun Wilmott (Sons Of Anarchy). A Bold Films será a produtora.