Comeza a rodaxe do novo Drácula

0
244

Samantha Barks (Les Miserables), Charlie Cox (Boardwalk Empire), Art Parkinson (Game of Thrones) e mais a estrea islandesa Thor Kristjansson (Black’s Game) veñen de se unir ao reparto da nova versión de Dracula que producirá a Universal Pictures.

O argumento é en parte histórico e en parte mitolóxico, todo ao redor do persoaxe creado por Bram Stoker. Nesta nova versión, Drácula (Luke Evans) é un príncipe transilván que se arrisca á condeación eterna para salvar á sú aesposa e ao seu fillo das hordas turcas.

Barks interpreta ao persoaxe do folklore eslavo Baba Yaga, unha femosa rapaza que se pdoe covnerter nunha terríbel bruxa.

Kristjansson interpretará a Bright Eyes (Ollos Brillantes), un eslavo transformado en feroz asasino polo exército otomán. Parkinson fará o papel do fillo de Drácula, Ingeras.

Dominic Cooper e mais Sarah Gadon son os outros nomes xa confirmados para esta produción que dirixirá Gary Shore e que comezou xa a súa rodaxe en Belfast.

Matt Sazama e Burk Sharpless escribiron o guión, que produce Michael De Luca.