Williams, na nova triloxía de Star Wars

0
227

Confirmou-se oficialmente que o lendário compositor John Williams será o encargado de escribir a música da nova triloxía da Guerra das Galáxias.

No decurso da Star Wars Celebration Europe, un evento que tivo lugar onte en Essen (Alemaña), a produtora Kathleen Kennedy confirmou que Williams compoñerá a música dos Episódios VII, VIII e IX. Kennedy dixo:

Veño de almorzar con alguén moi importante na família de Star Wars o venres, e coprometeu-se a participar nos seguintes tres filmes, e ese é o señor John Williams“.

Kennedy revelou a nova durante unha conferéncia dunha hora con preguntas e respostas moderada por Warwick Davis. O mesmo Williams apareceu posteriormente nun vídeo no que gravou a mensaxe de confirmación.