A secuela de Thor róda-se de novo

0
273

A actriz Kat Dennings confirmou esta semana no decurso dunha entrevista na televisión, que a secuela de Thor, o filme Thor: The Dark World está a pasar nestes intres por unha fase de rodaxe adicional.

Cando lle preguntaron se o seu persoaxe contará con mais tempo de presenza na pantalla, Dennings bromeou: “Ouh, si. Quero dicir que non sei como van editar todo, así que quen sabe. Fun cuidadosa na primeira toma de actuar mal para o caso de que me queiran recurtar, pero ismos facer novas tomas así que xa veremos“.

Estas novas chegan xusto un pouco despois de que outra actriz da mesma película, Jaimie Alexander (quen interpreta a Sif) informara nun tweet que estaba a rodar novas escenas: “Traballando até tarde en Asgard esta noite. É difícil botar unha sesta coa armadura, lol #ForAsgard“.

Mália as novas escenas, o filme continúa coa ideia de se estrear o vindeiro 8 de novembro.