Artemis Fowl chegará aos cinemas

0
243

A TWC, a compañía de Harvey Weinstein, vai-se asociar coa Walt Disney Studios para produciren xuntos unha adaptación ao cinema con actores reais da clásica série de contos para nenos de Eoin Colfer Artemis Fowl.

A história vai sobre un intelixentísimo criminal millonário de tan só doce anos que recibe mais do que pode manexar cando decide raptar a unha fada.

A história baseará-se na primeira e segunda entregas da série de libros, que serán adaptadas polo guionista Michael Goldenberg. Robert DeNiro e Jane Rosenthal participarán no filme coma produtores executivos.

A decisión de Weinstein de se asociar coa Disney ten moito que ver coas novas relacións que está a establecer o novo presidente da Disney, Alan Horn, quen traballou previamente na Warner Brothers.