Sigourney Weaver está en negociacións para se unir ao reparto do filme de fantasía sobrenatural The Mortal Instruments: City of Ashes para a Constantin Film.
Este filme é a secuela de The Mortal Instruments: City of Bones, que chegou ás salas de cinema hai tres semanas. O director da película orixinal é Harald Zwart e alomenos seis dos principais actores do reparto xa confirmaron o seu regreso.
A série vai sobre as aventuras dunha rapaza (Lily Collins) que descobre que é unha cazadora de sombras, unha asasina de demos que debe entrar nun mundo cheo de vampiros guerreiros, lobishomes e fadas. No proceso, namóra-se dun colega cazador de sombras (Jamie Campbell Bower).
O papel de Weaver sería ún dos persaxes novos da segunda parte. A actriz interpretaría á cruel líder dos Cazadores de sombras, quen non se deterá ante nada con tal de vingar a morte de seu fillo.
A rodaxe da secuela escomezará no mes de outubro.