O popular escritor de novelas fantásticas Terry Pratchett sufre dunha estraña variedade do mal de Alzheimer, segundo ven de se revelar por parte dos médios de comunicación ingleses.
Nunha declaración oficial, Pratchett dixo que coa chegada das vindeiras convencións de afeccionados e pola necesidade de manter informados aos seus editores, “sería inxusto agochar a nova“.
Pratchett é o autor da saga de Mundodisco e leva vendidos máis de 55 millóns de exemplares das súas obras en todo o mundo. O escritor, de 59 anos, ofreceu a nova no sítio Web do artista que adoita ilustrar os seus libros de Mundodisco, Paul Kidby, e dixo que o seu estado actual foi o responsábel do ataque que padeceu a primeiros deste ano.
Asimesmo engadiu: “Gostaría de ter mantido isto en silenzo un pouco máis, pero por mor das vindeiras convencións e por suposto pola necesidade mantér informados aos meus editores, seméllame inxusto agochar as novas. Estamos a toma-lo bastante filosóficamente por aquí e posíbelmente cun moderado optimismo“.
O autor revelou asimesmo que continuaría co seu traballo e que seguía a escribir o seu último libro, Unseen Academicals.
“Todas as demáis cousas ficarán igual, agardo cumprir cos compromisos actuais e dentro do posíbel cos futuros, pero discutirei as cousas cos distintos organizadores“, dixo.
“Francamente, preferiría que a xente mantivera as cousas alegres, porque coido que hai tempo alomenos para uns cantos libros máis“.
Pratchett dixo aos seus fans que esta declaración debería interpretar-se coma “que ainda non estou morto“.
“Estarei, por suposto, morto nalgún punto no futuro, coma todo o mundo. Para min, pode que iso estea máis lonxe do que coidades. É axiña para dicilo“.
“Sei que é moi humano dicir “hai algo que poida eu facer”, pero neste caso só aceptarei as ofertas dos máis altos expertos en química cerebral“.
Pratchett foi condecorado coa Orde do Império Británico en 1998 polos seus servizos á literatura inglesa.