Elusion e Tomorrow, adaptadas ao cinema

0
276

A FlynnPictureCo. e mais a Silver Reel veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema o thriller Elusion, unha novela de ciéncia-ficción para adolescentes orixinal de Claudia Gabel e Cheryl Klam.

A novela é a primeira dunha nova saga na que se narran as aventuras de dous rapaces que poden viaxar a mundos virtuais mentres están baixo hipnose. Nun primeiro intre non saben que están a acontecer mais cousas das que se decatan.

E pola súa banda, a Sony Pictures fíxo-se cos dereitos para adaptar outra novela de ciéncia-ficcón, nete caso Tomorrow and Tomorrow, orixinal de Thomas Sweterlitsch. Noah Oppenheim (The Maze Runner) está a adaptar xa o guión, que producirán a Film 360 e mais a Mark Gordon Company.

Ambientada unha década despois da destrución de Pittsburgh, a história cai sobre un supervivente que descobre o escándalo de como se agochou a verdade á opinión pública a verdadeira causa da desaparición da cidade, mentres se escomeza unha resconstrución dixital da área.