James Cameron e mais a 20th Century Fox anunciaron este xoves os seus plans para extender a saga de Avatar ao longo de tres películas mais.
O realizador, non contento abondo coa ideia de facer unha triloxía, anunciou que haberá unha cuarta entrega na série, que chegará despois das xa anunciadas segunda e terceira partes.
De feito, as tres secuelas serán rodadas simultáneamente e a súa produción escomezará o ano que ven. os filmes irán estreándo-se xa que logo cada mes de decembro dende 2016 até 2018.
Josh Friedman (War of the Worlds), Rick Jaffa e Amanda Silver (Rise of the Planets of the Apes) e mais Shane Salerno (Savages) colaborarán con Cameron nos guións da segunda, terceira e cuarta partes respectivamente.