Flash aparecerá en Arrow

0
254

Ven-se de facer pública mais información ao respeito da presentación de Flash na vindeira tempada de Arrow, a série da canle The CW.

Os produtores Andrew Kreisberg e Geoff Johns dixeron este xoves que o persoaxe do doutor Barry Allen aparecerá nos episódios 8, 9 e 20 da segunda tempada de Arrow. Cando atopemos a Allen por primeira vez, só será un científico forense que traballa para o departamento de Policía. “Só será un home normal, cando o coñezamos“, dixo Kreisberg.

O episódio 20 servirá coma porta de entrada e episódio piloto para unha nova série que escomezará a se emitir nese outono, The Flash. David Nutter, que dirixiu o episódio piloto de Arrow e mais The Rains of Castamere na série Game of Thrones, será o encargado dese episódio 20.

A pregunta que se fai todo o mundo é como unha série na que aparece un superheroe sen demasiados superpoderes, coma Frecha Verde, poderá dixerir a un superheroe que require de enormes doses de efectos especiais coma Flash. Kriesberg dixo:

O importante é que os nosos persoaxes, aos que o público coñece e gosta, reaccionarán aos cámbios extraordinários no seu mundo, dun xeito esperemos que moi realista. Eses poderes non serán tratados coma cousa corrente no programa. serán acontecementos extraordinários e o mundo e os nosos persoaxes nel, reaccionarán de acordo con eles. Mália o feito que ten superpoderes, coido que hai algo nel co que podemos identifica-nos, dentro dos grandes sete da Liga da xustiza. Que conseguiu os seus superpoderes por accidente. Non é un deus, non é un álien. El non buscaba isto. Os poderes chegaron a el. E el reacciona dun xeito moi humano e cos pes na terra“.