A Sony Pictures ven de contratar á guionista de Erin Brockovich, Susannah Grant, para que adapte ao cinema a novela de ciéncia-ficción para adolescentes de Rick YanceyThe 5th Wave. A história é a primeira dunha nova triloxía cuxa protagonista é unha rapaza de 16 anos que sobrevive a unha invasión extra-terrestre e debe buscar ao seu irmán secuestrado coa axuda dun rapaz que podería ser un álien disfrazado.