Seica que o controvertido remake de Akira podería ainda ter unha oportunidade despois de que a Warner Bros. Pictures comeza-se hai un par de días a falar novamente co realizador español Jaume Collet-Serra (Unknown, Non Stop) para discutir a posibilidade de que ocupe a cadeira de director unha vez mais, após de que a abandoase a comezos de 2012 por mor de problemas de preprodución no proxecto.
A história orixinal está ambientada en 2019 en Nova Tóquio, unha cidade post-nuclear na que o líder dunha banda de moteiros, Kaneda, debe ir a procurar o paradoiro do seu amigo Tetsuo, secuestrado polo governo para un proxecto secreto coñecido coma Akira.
Agardába-se que a versión de Collet-Serra fose mais fiel ao orixinal, un anime de 1988 considerado un clásico do xénero.
Nombergantes, o proxecto tropezou con mitos atrancos, principalmente polo orzamento que se foi disparando a cada paso. A Warners quería en todo caso mante-lo por baixo dos 90 millóns de dólares.
Ainda que os estudos consideraron a outros directores, optaron finalmente pola visión de Collet-Serra, quen agora está xa dispoñíbel para iniciar o traballo.
Leonardo DiCaprio, Jennifer Davisson Killoran e Andrew Lazar continúan a ser os produtores, pero non se sabe se o actor Garrett Hedlund, que ía ser o protagonista, seguirá vencellado ao proxecto.