Santiago de sangue en Sitges

0
206

Sheyla FariñaO vindeiro día 11 de outubro terá lugar no marco do Festival de Sitges a estrea da curtametraxe Santiago de Sangue, producida por Perro Verde Films. A curta forma parte da Sección Oficial a competición do festival entre unha selección das mellores curtas internacionais de xénero fantástico.

Rodada en Santiago de Compostela no presente ano, a curtametraxe de terror foi dirixida por Francisco Calvelo e está protagonizada por Eloy Azorín, Sheyla Fariña e Mar Sande.

A história de Santiago de Sangue narra como Gabriel (Eloy Azorín), un vampiro preso na cidade, comete todo tipo de delitos, torturas e asasinatos sen ningún reparo até que coñece a unha fermosa moza chamada Eva (Sheyla Fariña), da que cae namorado. Mistério, terror, romance e fantasía son os ingredientes desta curtametraxe que tamén se poderá ver no festival de Cinema Internacional de Ourense, comezando así a súa andaina por festivais.