Star Trek 3 xa ten guionistas e director

0
260

Ao longo desta semana houbo unha chea de movemento ao redor da nova entrega da saga de Star Trek pola Paramount Pictures.

En primeiro lugar, e contra o que semellaba ser xa case un acordo pechado, os guionistas de Thor Ashley Edward Miller e Zack Stentz non escribirán o libreto desta nova película. No seu lugar, regresarán Alex Kurtzman e Roberto Orci. Esta parella xa fora a responsábel da primeira entrega, a de 2009, e foron coautores da desta ano, xunto a Damon Lindelof, quen tamén regresará para a terceira parte.

Por mor dos seus compromisos coa Guerra das Galáxias, J.J. Abrams non poderá facer-se cargo da longametraxe coma director, pero si que estará probábelmente coma produtor.

No seu lugar para a cadeira de director soou decontado o nome de Jon M. Chu (G.I. Joe: Retaliation) pero el mesmo encargou-se de desmenti-lo. O seguinte nome da listaxe de candidatos está ocupado agora por Rupert Wyatt (Rise of the Planet of the Apes).

E mentres tanto, un dos protagonistas da saga, Karl Urban (o Dr. McCoy) fixo unhas polémicas declaracións afirmando que deberían procurar ser mais orixinais e non cinguir-se demasiado a persoaxes xa coñecidos polos fans: “Coido que deberiamos loitar por ser mais orixinais. Esforzar-nos por ser algo diferente e novo. Xa sabes, non esquezamos que Star Trek foi concebido sobre a exploración espacial. E sería realemente marabilloso aproveitar o espírito diso e aplica-lo no seguinte filme, para facer-mos algo diferente ca un filme baseado nunha vinganza“.