Peter Capaldi, o seguinte Doutor Who

0
248

O actor escocés de 55 anos Peter Capaldi fíxo-se co devecido papel do doutor Who na popular série británica da BBC do mesmo título. Capaldi sustitúe a Matt Smith, cuxa versión será rexenerada no decurso dun especial de nadal que se emitirá este mesmo ano.

Capaldi é un fan dos de toda a vida e xa fora parte do universo do doutor Who anteriormente, xa que apareceu no episódio Fires of Pompeii de 2008 no papel dun antigo comerciante román chamado Caecilius, e ademais tivo un papel salientábel, o do tráxico home do Governo John Frobisher na minisérie Torchwood: Children of Earth.

Con mais de tres décadas de experiéncia, o papel do Doutor Who é moi diferente ao que Capaldi está acostumado, principalmente o do doutor Malcolm Tucker no programa satírico The Thick of It e na longametraxe de 2009 In the Loop.

Entre os seus créditos figuran moitísimas séries británicas, dende Prime Suspect a Poirot, pasando por Neverwhere, The Vicar of Dibley ou The Hour, pero no cinema tampouco fica atrás, xa que apareceu en filmes coma Dangerous Liaisons, Smilla’s Sense of Snow, Bean ou a recente World War Z. Asimesmo, terá un papel na vindeira fantasía de Disney, Maleficent.