McQuarrie acepta unha Misión Imposíbel

0
246

Christopher McQuarrie ven de ser confirmado coma director da seguinte entrega da franquía de Mission: Impossible pola Paramount e mais a Skydance Productions.

Tom Cruise repetirá o su papel coma axente especial Ethan Hunt no proxecto, no que suporá o regreso da parella director-actor que triunfou recentemente no filme Jack Reacher.

Drew Pearce escribiu o guión, que será producido por Cruise e J.J. Abrams. A película suporá a quinta parte dunha saga que tivo a súa anterior entrega en 2011 con Mission: Impossible – Ghost Protocol, que fixo mais de 700 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo.