O demo quere entrar na tele

0
303

A posuidora dos dereitos da franquía de O Exorcista, a produtora Morgan Creek, semella estar tentando vende-los para facer unha série de televisión que adaptará aos famosos persoaxes creados por William Peter Blatty na novela que inspirou o clásico de terror de William Friedkin.

O xoven guionista Jeremy Slater, que tamén está a escribir o relanzamento da franquía dos Catro Fantásticos, escribiu o guión deste proxecto para a televisión, que seica xa espertou o interese de várias canles.

Roy Lee (The Departed, The Ring) será o produtor executivo. polo que contan, a versión de Slater será moi diferente á série limitada que escribiu Sean Durkin e que a Morgan Creek tentou vender o ano pasado.

Pola súa banda, o filme orixinal de Friedkin cumprirá 40 anos en 2013.