O remake de Carrie será mais sinistro

0
224

Cando a nova adaptación ao cinema do clásico de Stephen King Carrie foi adiada de marzo a outubro, moitos preguntáron-se cales poderían ser os motivos.

Agora, a protagonista do filme Chloë Moretz revelou nunha entrevista a Fangoria que o adiamento permitiu rodar outra vez algunhas escenas para facer o filme mais sinistro e meter mais medo. Esta foi a súa explicación:

Realmente alongamos o filme, para ser honrados. Fixemos algunhas tomas novas e engadimos tres novas escenas con Julianne Moore [a nai de Carrie] e comigo para facer o filme mesmo mais profundo e sinistro.

Alongamos un par de escenas que precisaban un intre extra ou un chisquiño mais para face-lo mesmo mais profundo. Non foi para recurtar nada ou para editar cousas; foi para engadir mais para facer o filme mais arrepiante e mais intenso“.